Edificio Politécnico
Descrición: Desde a industria dos videoxogos ata as principais producións de Hollywood, o dominio das ferramentas e técnicas da arte 3D é unha das habilidades máis demandadas nas industrias creativas. Este curso ofrece unha introdución completa ás prácticas máis importantes para comezar a túa formación neste campo, abranguendo todos os pasos implicados na creación dunha obra de arte en 3D.
Este obradoiro ten unha duración de 28 horas, incluidas 2 horas de traballo do alumnado.
Director-Docente: Alberto Abal Silva
Programa detallado
Recoñecemento de créditos: ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo a cada participante que seguise polo menos un 85% das actividades programadas, con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 25 horas de traballo do estudante. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos na secretaría de alumnos da facultade onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma do aproveitamento da actividade.
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema na seguinte ligazón: Colectivos Universidade de Vigo
- Nocións iniciais de modelado inorgánico en Blender.
- Conceptos básicos, Xeometrías primitivas, navegación, xerarquía de escenas, tipos de obxectos, curvas, partes dun modelo, ángulos normais, coordenadas relativas e suavizado de caras.
- Ferramentas esenciais: selección, transformación (mover, escalar, xirar), edición (extruir, biselar, inserir, etc) operacións booleanas, colocación de pivotes, cursor 3D.
- Modificadores: tipos e aplicacións.
- Introdución a Geometry Nodes.
- Xestión de escenas: iluminación e cámaras.
- Nocións iniciais de escultura dixital.
- Tipos de pinceis segundo a funcionalidade, edición de pincel.
- Conceptos básicos de retopoloxía.
- Nocións iniciais de texturado.
- Visualización de coordenadas UVW: ferramentas, automatización e optimización.
- Tipos de textura no estándar PBR: mapa de normais, mapa de alturas, ambient occlusion, albedo, metalness, roughness, etc.
- Uso da canle Alpha para crear transparencias.
- Renderizado en Blender: Cycles e Eevee.
- Coñecemento e normas básicas de boas prácticas en topoloxía: control do polycount e xestión de recursos do sistema.
- Diferenciación das necesidades que require un proxecto de Arte 3D segundo o medio obxectivo.
- Diferenciación do renderizado en tempo real vs. renderizado diferido.
- Efectos do posprocesamento e proceso de renderizado.
- Conceptos básicos de animación: keyframes, interpolación e bucle.