Seminario 1 do Edificio Concepción Ramón Amat (Pavillón 1) do Campus de Ourense
Descrición: No obradoiro de costura Creativa de Nivel II, o alumnado progresa no deseño, a elaboración de patróns e a confección de pezas de roupa.Traballan nunha saia elástica básica, pantalóns con cremalleira e, se o tempo o permite, nun top con mangas. O enfoque é práctico e personalizado. combinando técnica, creatividade e orientación continua para conseguir pezas únicas e axustadas con acabados profesionais.
Este obradoiro ten unha duración de 30 horas
Directora-Docente: Estefanía Carrera García
Programa detallado
Recoñecemento de créditos: ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo a cada participante que seguise polo menos un 85% das actividades programadas, con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 25 horas de traballo do estudante. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos na secretaría de alumnos da facultade onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma do aproveitamento da actividade.
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema na seguinte ligazón: Colectivos Universidade de Vigo
Principiantes
-Deseño e realización de accesorios (tote bag, alfiletero, estoxos, neceseres, fundas... ou prendas base a partir doutras prendas). Costomizando e reciclando a partir doutras.
-Interpretar o patrón, tomar medidas.
-Cortar e realización a man (aprender diferentes puntadas, tecidos, a man, bordado..)
Nivel II
-Toma de medidas
-Bolsa de compras
-Patróns básicos; saia e pantalón con adaptacións e tallas personalizadas