A Área de benestar Saúde e deporte do campus de Pontevedra, organiza o 1ª Campionato "IROS" no que poden participar todos os membros da comunidade universitaria.
É unha proba, POR PARELLAS, que combina a carreira con exercicios fisicos de forza co seguinte listado e orde de exercicios:
1- Carreira 500m
2. Zancadas 80m (masculino 2x8 kg e feminino 2x6 kg)
3.Carreira 500m
4. Remoergómetro 1000m
5. Carreira 500m
6. Burpees 80m
7. Carreira 500m
8. Paseo Granxeiro 80m (masculino 2x24 kg e feminino 2x18 kg)
9. Carreira 500m
10. Wallball 60 repeticiones a 2,7 m (masculino 6 kg e feminino 3 kg)
As inscricións deben de ser de carácter individual comunicando á organización cales son os compoñentes da parella.
Grazas.