Facultade de Belas Artes- Salón de actos
O propósito fundamental desta proposta é que o alumnado universitario e calquera outra persoa interesada no teatro participen nas fases dun proceso de creación teatral, desde o momento inicial da elección e lectura do texto ata a representación final diante dun público. Trátase de dotar os participantes dun abano de ferramentas para que poidan escoller e descubrir cal é a adecuada forma de desenvolver o seu labor como actor/actriz ou noutras funcións (escenógrafo, figurinista...). Todo se fará mediante exercicios prácticos que pretenden fomentar a capacidade de concentración, memoria, oratoria e expresión, creatividade, imaxinación, sentido do ritmo e a musicalidade… Cabe sinalar que o teatro é un lugar privilexiado para a reflexión e para o dialogo, ademais de ser un instrumento que nos axuda a coñecernos mellor e a relacionarnos cos demais dunha maneira especial. A modo de resumo, pode dicirse que os seus obxectivos principais son: -Fomentar a lectura de textos teatrais. -Fomentar a capacidade de expresión oral e corporal. -Dar a coñecer as funcións que realizan os compoñentes dun espectáculo teatral: actores, director, escenógrafo, figurinista… -Fomentar a asistencia a espectáculos teatrais. -Fomentar a capacidade de relacionarse cos demais. -Fomentar o traballo en equipo.
1. Exercicios preparatorios -Relación entre actores/actrices -Relación actor-público -Posta a punto corporal e vocal 2. Lectura e comprensión do texto teatral -Análise das situacións -Análise dos personaxes -Obxectivos dos personaxes -Obxectivos da obra 3. Encarnación do personaxe -Externo e interno -Busca da voz e da pose corporal -Subtexto -Ritmo interno do personaxe e ritmo externo das accións 4. A montaxe teatral -Improvisacións sobre as escenas -A relación -Indicacións sobre a interpretación