Facultade de Belas Artes- Espazo 14
Aterra sigillata ("terra selada"} é un tipo de cerámica romana de gran valor histórico e estético. É un acabamento cerámico que consiste nun engobe refinado ou engobe coloidal que se obtén con arxila e auga, onde as partículas máis pequenas da arxila utilízanse para pintar e impermeabilizar as pezas, resultando un aspecto final cun brillo sedoso.
O uso da terra sigillata romana remóntase dende o século I ata a caída do imperio romano, pero as arxilas refinadas e os acabamentos con engobe coloidal xa son empregados dende séculas anteriores polos gregos, e tamén en civilizacións de orixe precolombino. Hoxe en día continúa a ser usada en numerosos obradoiros artesanos.
Coa intención de realizar actividades plásticas contemporáneas tomando como referencia as artes e artesanías ancestrais, neste curso preténdese traballar a forma, o material e a aplicación de técnicas actuas que permitan un novo enfoque das terras sigillatas.
Obxectivos xerais:
Conseguir que as e os asistentes adquiran unha base de coñecementos que lles permita ter unha visión xeral das terras sigillatas, das súas características e da súa aplicación. Favorecer a asimilación dos contidos do curso de forma próxima á realidade, de modo que o proceso teña como resultado unha formación práctica e útil. Fomentar a cooperación e o traballo en equipa.
Obxectivos específicos:
Explorar e desenvolver a técnica da terra sigillata, así como as súas posibilidades plásticas e expresivas. Realizar varias pezas diferentes de terra sigi/lata.
1. Os diferentes tipos de arxila para elaborar terras sigillatas. 2. Preparación e adecuación do barro soporte para o traballo con terras sigillatas. 3. Os diferentes tipos de defloculantes químicos para a decantación das terras. 4. Iniciación ao proceso de elaboración de Sigillatas. 5. Coñecemento dalgunhas técnicas decorativas. 6. Mostrase aplicación da terra sigi/lata. 7. Desenvolvemento dunha cocción normal e outra tipo raku nu en forno de gas.