Faculltade de Belas Artes- Espazo 17
Neste obradoiro introducirase ó alumnado na disciplina da Arte Sonora, co obxectivo principal de achegarse o son desde un punto de vista artístico, adquirindo os coñecementos e prácticas necesarios para desenrolar un discurso sonoro propio, vehiculado a través da creación dunhas "caixas sonoras".
Paralelamente, márcanse outra serie de obxectivos fundamentais:
• Achegar a arte o paisaxismo sonoros ás e ós participantes. • Fomentar unha escoita atenta para comprender o noso entorno. • Mellorar as capacidades de atención e concentración a través da nosa percepción auditiva. • Cultivar o interese polo son como elemento de creación artística. • Sensibilización sobre a ecoloxía acústica. • Reforzar a importancia da reciclaxe e a sustentabilidade.
Xunto os conceptos teóricos fundamentais, o obradoiro centrarase no uso práctico de ferramentas básicas como microfonía, gravadores e efectos sonoros, para a manipulación dos sons...
A parte práctica, será unha vía para acadar unha metodoloxía que permitirá realizar unha exploración creativa do son e as súas posibilidades como linguaxe artística. Nesta parte do curso construirase unha "caixa sonora" e as e os participantes aprenderán a fabricar un micrófono de contacto co que poder amplificalas.
O obradoiro de "Caixas Sonoras" é unha introducción ó universo da Arte Sonora, que ten como obxectivo a realización dunha serie de pezas artísticas con forma de Caixa amplificadas con micrófonos de contacto, nas que incorporaremos todo tipo de elementos que nos axuden a experimentar con distintas sonoridades e lograr transformalas en instrumentos rnusicais únicos e con personalidade propia. Para elo será tamén fundamental a exploración de distintas alternativas plásticas que nos axuden a convertilas en pezas artísticas.
1. INTRODUCCION Á ARTE SONORA E A EXPERIMENTACION
- A arte Sonora e as vangardas do século XX (Esculturas sonoras, música experimental e autogenerativa) - O Paisaxismo Sonoro: A Escucha Atenta e a Gravación de Campo (Tipos de escoita) - O deseño sonoro: Introdución - Tipos de microfonía e usos, do convencional ao experimental. - Gravadores, como rexistrar o son. - Aplicacións prácticas e construcción dun micrófono de contacto (piezoeléctrico)
2. EXPRESION SONORA
- Características e Calidades do son - A linguaxe sonora - Ruído e silencio: Usos expresivos - Formas sonoras simples e complexas: Contorno e textura - A Dimensión propia do Son - A audiovisión: Son para a Imaxe. - Efectos Sonoros
3. POESIA OBXECTUAL E LINGUAXE PLÁSTICA
4. CONSTRUCIÓN DAS CAIXAS
- Parte práctica na que se materializará a realización das caixas, experimentando con distintas formas e materiais, aplicando o contido teórico do curso.
5. EXPLORACION CREATIVA
- Na última parte do curso poñeremos en común todo o aprendido, de forma práctica, para ver como poder chegar a procesos creativos artísticos e expansivos. Propoñeranse varios exercicios nos que traballar e poñer en práctica os coñecementos adquiridos.