Sala eDestrezas do Campus Remoto da Universidade de Vigo.
DURACIÓN: 30 horas (6 sesións de 4 horas presenciais + 6 horas de traballo non presencial)
DATAS DE MATRÍCULA: do 15 ao 21 de setembro de 2025
Obxectivos principais:
O obxectivo primordial do curso é capacitar ás persoas asistentes para desenvolver programas en linguaxe Python que resulten aplicables na súa actividade académica ou profesional. O curso tamén pretende preparar ao alumnado para entender código Python escrito por outras persoas e poder profundar no coñecemento da linguaxe de maneira autónoma.
Desenvolvemento do curso:
Actividades presenciais (24 horas)
Tema 1: Instalación, características xerais, intérprete e contorna de desenvolvemento
Tema 2: Datos numéricos e lóxicos
Tema 3: Control de fluxo
Tema 4: Secuencias, mappings e conxuntos
Tema 5: Funcións
Tema 6: Ficheiros e excepcións
Tema 7: Clases e programación orientada a obxectos
Actividades non presenciais (6 horas)
Traballo Autónomo: repaso dos conceptos tratados nas clases
Docente: Antonio Fernández Álvarez - Escola de Enxeñaría Industrial (sede campus)
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema no seguinte enlace Colectivos Universidade de Vigo
Recoñecemento de créditos: Ao remate do curso entregarase un diploma acreditativo (asistencia obrigatoria ao 85 % das horas) con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos no centro onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma de aproveitamento da actividade.