1.- Distancia: 15 Km
2.- Percorrido: Fragas do río Calvo e río Deva (A Cañiza)
3.- Dificultade: Media
4.- Notas específicas sobre a ruta:
Comezaremos o programa cun percorrido polas fermosas fragas do río Calvo e do río Deva, na contorna da Cañiza. Será unha ruta de intensidade media, cun desnivel positivo acumulado d arredor de 500 metros.
5.- Inscricións: as inscricións estarán abertas de xeito exclusivo para a comunidade universitaria, comunidade alumni e familia Uvigo ata o luns anterior a cada ruta. No caso de quedar prazas libres, o martes, mércores e xoves anteriores a cada ruta permitirase a inscrición de calquera persoa interesada.
6.- Outra información xeral de interese:
- Idade mínima: 16 anos
- Cada ruta realizada recoñecerase con 7,5 h ECTS por día de duración.
- Haberá autobuses para trasladar as persoas participantes ao inicio de cada ruta dende os campus de Ourense (Cafetería Perla) ás 8.00, Vigo (rúa do Areal, nº52) ás 8.00 e de Pontevedra (Praza de Galicia, nº 5) ás 8.25.
- Equipo aconsellable para todas as rutas: mochila pequena con chuvasqueiro, paraugas, apósitos para as bochas, muda completa (outros calcetíns), navalla, cantimplora ou similar e, a partir do mes de marzo, viseira ou gorra. Para todas as rutas as persoas participantes levarán a súa comida (bocadillos, froita, froitos secos, bebidas, etc.).
- Todos os itinerarios para GPS poderán descargarse, xunto coas fotografías de cada ruta e toda a información complementaria, no blogue http://roteirosuvigo.blogspot.com e no Facebook: Rutas Culturais da Universidade de Vigo.
28 de febreiro – Fragas do río Calvo e río Deva (A Cañiza)
Comezaremos o programa cun percorrido polas fermosas fragas do río Calvo e do río Deva, na contorna da Cañiza. Será unha ruta de intensidade media, cun desnivel positivo acumulado de arredor de 500 metros.
8.30 Saída do autocar Praza de Galicia nº 5 en Pontevedra (Nakasa Interiorismo).
8.55 Saída do autocar Areal nº 52 en Vigo
9.00 Saída do autobus da Cafetería Perla 6. Campus Sur Ourense.
9.45 Chegada a estación de Servicio Repsol A Cañiza. Reunión dos tres Campus.
10.20 Saída dos autobuses cara o inicio da ruta.
10.45 Inicio Ruta Fragas do Río Calvo e Deva na Ermita Da Pena de Francia.
13.15 Parada avituallamento. Km 8
13:45 Continuación ruta.
15:20 Chegada das participantes ao fin de ruta. Subida aos autobuses.
15:35 Chegada das participantes a estación de Servicio Repsol A Cañiza.
16.20 Sorteo de Agasallos.
16.45 Saída dos diferentes autobuses cara o seu destino
17.25 Chegada do bus de Ourense a cafetería Perla 6
17.30 Chegada das participantes a Areal nº 52.
18.00 Chegada das participantes a Praza Galicia (Pontevedra)