Aula Magna do Edificio Xurídico-Empresarial
Duración do curso: 30 horas
Descrición: Curso destinado e deseñado para estudantes universitarios que teñan a inquedanza de dirixir e coñecer o liderado de áreas, proxectos e persoas.
Partimos do coñecemento das emocións humanas; desenvolvemos o modelo de intelixencia emocional e identificamos e traballamos as competencias emocionais clave para dirixir e liderar con efectividade un equipo de profesionais.
A esencia desta formación baséase nun enfoque innovador que fusiona a importancia das emocións no noso comportamento e a intelixencia emocional e social aplicada ao rol laboral, directivo ou emprendedor. O curso MOTIVANDO-T, é un curso, que ten por obxectivo motivar, comunicar, traballar en equipo, valorizar o entorno e promover a divulgación universitaria de competencias transversais.
Neste curso, compartiremos unha película, un concerto ou unha conferencia dun coach profesional, para pór experiencias en valor e valorar o noso comportamento en determinadas ocasións.
Programa detallado
Directora e docente do curso: Mónica Legaspi Díaz
Recoñecemento de créditos: ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo a cada participante que seguise polo menos un 85% das actividades programadas, con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas de traballo do estudante. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos na secretaría de alumnos da facultade onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma do aproveitamento da actividade.
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema na seguinte ligazón: Colectivos Universidade de Vigo
1. O sector público e a empresa no século XXI:
2. Función directiva empresa pública vs empresa privada
3. Intelixencia emocional e social
4. Intelixencia emocional e competencias directivas
5. Comunicación e función directiva
6. A motivación
7. Liderado e traballo en equipo