Este curso ten unha duración de 36 horas
Descrición: Coñecer a lingua de signos española, recoñecida como patrimonio cultural inmaterial (en liña cos ODS10 e 16: redución das desigualdades , cidades e comunidades sostibles). Promover unha educación de calidade para o alumnado xordo ( en liña co ODS4: educación de calidade ). Poñer en valor á comunidade xorda, a súa cultura e lingua (en liña co ODS10 e 16: redución das desigualdades, cidades e comunidades sostibles). Promover a equidade como proxecto social a partir do concepto ecolóxico da discapacidade (en liña cos ODS5 e 10: igualdades de xénero, redución das desigualdades). Presentar a filosofía da vida independente (en liña co ODS3:saúde e benestar)
Director: Rubén González Rodríguez
Recoñecemento de créditos: ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo a cada participante que seguise polo menos un 85% das actividades programadas, con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas de traballo do estudante. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos na secretaría de alumnos da facultade onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma do aproveitamento da actividade.
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema na seguinte ligazón: Colectivos Universidade de Vigo
1.Discapacidade e vida independente. 1.1. Concepto e modelos de comprensión da discapacidade.
2. A Lingua de Signos. 2.1.Alfabeto dactilolóxico. 2.2.Saúdos, presentación, descricións físicas e emocións. 2.3.O discurso signado. 2.4.Lugares, cidades, familia e profesións.
3. As persoas xordas, comunidade e cultura xorda. 3.1. Valores e características da cultura xorda.
4. Alumnado xordo nas aulas. 4.1.Ferramentas educativas inclusivas 4.2. Adaptación de materiais.
5.As Novas Tecnoloxías e a comunidade xorda.