Salón de Graos do Edificio Facultades
Duración do curso: 30 horas
Descrición: O curso ten como obxectivo principal analizar a cultura romántica de Occidente dende unha perspectiva multidisciplinar e entender a súa dimensión política, económica e social. É un curso aliñado cos ODS: o obxectivo 5 que pretende acadar a igualdade de xénero e erradicar a violencia contra as mulleres.
Programa detallado
Directora e docente do curso: María Lameiras Fernández
Recoñecemento de créditos: ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo a cada participante que seguise polo menos un 85% das actividades programadas, con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas de traballo do estudante. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos na secretaría de alumnos da facultade onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma do aproveitamento da actividade.
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema na seguinte ligazón: Colectivos Universidade de Vigo
1. Historia do amor romántico en Occidente
O amor pasión na antigüidade grega
Amor cortesía
Amor pasión do século XVIII
O amor romántico no século XIX
A utopía romántica do século XX
Amor e posmodernidade
2. As dimensións do amor romántico
Dimensión química do amor romántico
Dimensión relixiosa do amor romántico
Dimensión económica do amor romántico
Dimensión social do amor romántico
Dimensión política do amor romántico
3. Cultura romántica e patriarcado
Mitos do amor romántico
Amor e misoxinia
Amor, ego e poder
Amor e feminismo
4. Amor romántico e masculinidades
Como os homes aprenden a querer
Mandatos de xénero para homes
Problemas de parella
Violencia sexista
Outras formas de ser homes son posibles
5. A revolución do amor
O persoal é político e o romántico é político
A revolución sexual do século XX
A revolución amorosa do século XXI
Outras formas de quererse son posibles
A liberación das mulleres que xa non sofren por amor
Ferramentas para traballar o amor romántico
A ética do amor e a filosofía do coidado
O método da autocrítica amorosa
O contrato de amor: ferramentas para negociar en parella