No Edificio facultades do Campus de Ourense (unha sesión será en Lobios na Mostra de Innovación Pedagóxica Innova Xurés)
Descrición: O curso permitirá coñecer as novas estratexias e recursos que se están a actualizar no sistema educativo. O alumnado descubrirá o impacto da intelixencia artificial na práctica docente; as oportunidades e recursos de formación; prácticas de actualización e investigación na aula; aprendizaxe baseada en proxectos, a aula invertida e a Design Thinking; as experiencias innovadoras e as estratexias para a configuración dunha escola que de resposta á dimensión social. Os obxectivos do curso son os seguintes: - Analizar o impacto da intelixencia artificial na educación e a súa integración no traballo educativo. - Coñecer as ferramentas tecnolóxicas da intelixencia artificial e o seu impacto nas estratexias didácticas para mellorar a aprendizaxe. - Analizar experiencias innovadoras e estratexias para dinamización da formación continua do profesorado. - Coñecer e aplicar metodoloxías como a aprendizaxe baseada en proxectos, a aula invertida e a Design Thinking. - Descubrir experiencias innovadoras prácticas. Especial referencia a propostas activas na escola rural. - Coñecer a rede de formación dos Centros de Formación e Recursos (CFR) e a súa incidencia na actualización docente e na transformación educativa. - Analizar os fundamentos da investigación en educación, abordando metodoloxías cualitativas e cuantitativas. - Analizar programas e estratexias socioeducativas para a equidade e a inclusión social.
Programa detallado
Este curso de extensión ten unha duración de 30 horas .
Director: Jesús Deibe Fernández Simo
Recoñecemento de créditos: ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo a cada participante que seguise polo menos un 85% das actividades programadas, con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas de traballo do estudante. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos na secretaría de alumnos da facultade onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma de aproveitamento da actividade.
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema na seguinte ligazón: Colectivos Universidade de Vigo
- Innovación na rede de formación docente. - Intelixencia artificial e recursos tecnolóxicos na práctica educativa. - Metodoloxías activas na aula. - Acción socioeducativa na escola. - Iniciación á investigación educativa