lugar de celebración do curso : Mérida, Balneario de Alange, Balneario de El Raposo. Balneario de Chaves, Vidago, Balneario de Aguas Santas, Balneario de Laias, Balnearios de Carballiño e Termas de Ourense
Descrición: Os obxectivos temáticos do curso son os seguintes: Adquirir coñecementos xerais dos fundamentos do termalismo. Coñecer a estrutura dos diferentes centros termais de Extremadura, Portugal e Galicia. Analizar e interpretar a relación existente entre os distintos centros termais e as técnicas e produtos empregados en cada establecemento. Analizar o punto de vista das institucións locais e rexionais do termalismo. Realizar prácticas de aplicación das técnicas termais empregadas nos distintos centros termais. Capacidade para coñecer e manexar os diferentes conceptos usados no termalismo. Coñecer o uso sostible e protección dos recursos termais para o turismo de saúde.
Programa detallado
Este curso de extensión ten unha duración de 47 horas .
Directores: José Luis Legido Soto e Elisa Alén González
Recoñecemento de créditos: ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo a cada participante que seguise polo menos un 85% das actividades programadas, con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas de traballo do estudante. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos na secretaría de alumnos da facultade onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma de aproveitamento da actividade.
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema na seguinte ligazón: Colectivos Universidade de Vigo
Visita ás Termas Romanas de Mérida. Visita e práctica no Balneario de Alange. Balnearios en Extremadura. Avances no Balneario de El Raposo. Termalismo dende o punto de vista da Junta de Extremadura. Evidencias clínicas en tratamentos termais mediante o uso de biomarcadores. Visita e práctica no Balneario de El Raposo. Visita a Zafra. Debate sobre a Cosmética Termal. Visita ao Balneario de Unhais da Serra (Portugal). Debate sobre a sustentabilidade no termalismo. Visita ao Hotel Termal Vidago Palace. Termas de Portugal. Programas termais nas Termas de Chaves. Visita e práctica nas Termas de Chaves. Visita e prácticas en AQUAVALOR. Visita ao Museo das Termas Romanas de Chaves. Debate sobre o termalismo na zona transfronteiriza de Galicia e Portugal. Termalismo nos Balnearios de Galicia. Termalismo en Galicia da Axencia de Turismo da Xunta. Visita e actividades no Balneario de Augas Santas. Visita e práctica no Balneario de Laias. Sustentabilidade en Turismo Termal. Cidades termais en Europa. Visita e actividades no Balneario do Carballiño. Visita e prácticas no Balneario de Partovia. Actividades no Balneario de Laias. Visita ás Termas de Ourense.