Duración do curso: 35 h
Este curso é continuación dos que foron ofertados na programación de cursos de extensión universitaria do Campus de Ourense nos anos 2023 e 2024 co mesmo título "Ourense no tempo: Historia Arte e Tradicións", con 40 estudantes matriculados de media e unha boa avaliación por parte dos asistentes.
Temática: Este curso ofertado no campus de Ourense impartirase a modo de xornadas de divulgación científica das investigacións que leva a cabo a comunidade universitaria do departamento de Historia, Arte e Xeografía con temática relacionada coa provincia de Ourense, así como as de outros investigadores externos especializados no tema. O curso terá carácter multidisciplinar e fará un percorrido por diferentes aspectos relacionados coa historia, a arte,a arqueoloxía e as tradicións da provincia de Ourense, desde a prehistoria ata a actualidade, analizando tanto feitos históricos como artísticos e etnográficos. Algunhas sesións realizaranse in situ, con percorridos pedestres guiados polo centro da cidade de Ourense e lugares históricos e arqueolóxicos das comarcas da Allariz e Valdeorras.
Obxectivos: 1. Transmitir o coñecemento científico xerado polos investigadores e as investigadoras da Universidade Vigo e outros expertos nos temas a tratar. 2. Proporcionar ferramentas e exemplos na utilización de diferentes tipos de fontes para a investigación histórica e arqueolóxica. 3. Aplicar o coñecemento interdisciplinar e xerar espazos de discusión co estudantado. 4. Contribuír ao respecto e á conservación dos bens culturais a través do coñecemento dos seus significados e valores (en liña coa axenda 2030). 5. Achegar instrumentos e ferramentas para a elaboración de discursos de comunicación e divulgación igualitarios e inclusivos (en liña coa axenda 2030).
Programa do curso
Director do curso: José Ramón Campos Álvarez
Recoñecemento de créditos: ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo a cada participante que seguise polo menos un 85% das actividades programadas, con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas de traballo do estudante. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos na secretaría de alumnos da facultade onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma do aproveitamento da actividade.
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema na seguinte ligazón: Colectivos Universidade de Vigo
JORGE VARELA BARRIO: Unha aproximación a Luis Varela Aldemira (1895-1975). Arte e psicanálise más aló do Surrealismo. XOSÉ RAMÓN CAMPOS ÁLVAREZ & TANIA PÉREZ PÉREZ: “A pegada cultural do exilio ourensán en México a través de Florencio Delgado Gurriarán”. CARLOS SIXIREI PAREDES: ““Benposta en perspectiva: Os anos da Tansición”. MARTA LÓPEZ LÓPEZ: “Tesouros de Ourense. O colexio Santo Ángel”. ÁNGEL DOMÍNGUEZ: “Un percorrido pola historia da Biblioteca e do Arquivo Histórico Diocesano de Ourense”. IRIA SOUTO CASTRO: “Unha experiencia na Tumba do Oficial Henenu en Deir el-Bahari (Luxor) no marco do proxecto do Reino Medio Tebano (Middle Kingdom Theban Project, UAH)”. MARÍA EUGENIA MUÑOZ FERNÁNDEZ: “Lactación de S. Bernardo, una iconografía del Arte Moderno en los monasterios cistercienses ourensanos. La lactatio Bernardi en Santa María de Xunqueira de Espadanedo”. JUAN MANUEL GALIÑA LORENZO & EDUARDO BREOGÁN NIETO MUÑIZ: “Os castros no val do Salas”. JOSÉ ANTONIO GIL SEIJO: “Obradoiro de iniciación a elaboración cervexa artesá”. VICTORIANO NODAR FERNÁNDEZ: “Revisitando el románico de Ourense: Santa María de Xunqueira de Ambía e Santa Mariña de Augas Santas". FRANCISCO JAVIER PÉREZ RODRÍGUEZ: “A vila de Allariz nos séculos XII-XV”. NEREA RUANOVA ÁLVAREZ: “Visita e explicación do xacemento arqueolóxico da Cibdá de Armea”. FRANCISCO ALONSO TOUCIDO: “O pasado romano na vacía do Sil”.