Este curso ten unha duración de 30 horas.
Descrición: Nos últimos anos, o noso entorno natural está sufrindo un deterioro significativo por mor de diversos factores, tales como o quecemento global e o impacto das nosas accións sobre o planeta. Por ese motivo, as políticas actuais céntranse en promover modelos sociais que favorezan un desenvolvemento máis sostible. No futuro, será fundamental atopar un equilibrio entre a protección do medio ambiente e o crecemento económico.
Neste curso, abordarase desde unha perspectiva científica a relevancia de aspectos como a conservación da biodiversidade, a prevención de incendios forestais e a xestión responsable dos recursos naturais e híbridos, co obxectivo de garantir un desenvolvemento sostible no século XXI. Ademais, fomentarase o pensamento crítico e a conciencia ambiental en relación coa xestión do medio natural, destacando a importancia da protección de espazos naturais como a Reserva da Biosfera Transfronteiriza Xurés-Gerês.
Programa detallado
No prezo do curso está incluido o aloxamento e a manutención, así como o desprazamento do primeiro día Ourense-Muiños e do último día Muiños-Ourense.
Directoras e docentes: María Fernández González e Mª del Carmen Seijo Coello
Recoñecemento de créditos: ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo a cada participante que seguise polo menos un 85% das actividades programadas, con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas de traballo do estudante. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos na secretaría de alumnos da facultade onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma do aproveitamento da actividade.
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema na seguinte ligazón: Colectivos Universidade de Vigo
- O concello de Muíños: O medio ambiente como patrimonio
- Aspectos ambientais relacionados cos recursos hídricos do Xurés
- Marco da xestión do recurso hídrico en España, casos prácticos
- Resposta da biodiversidade a escenarios de xestión integrada do lume na reserva da Biosfera Gerês-Xurés
- O impacto dos microplásticos nos ecosistemas. Cal é a nosa percepción?
- Visita ao Parque Natural e ao pobo de Salgueiros: Itinerario botánico, faunístico e xeomorfolóxico
- O turismo termal e o medio ambiente
- A Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés como ferramenta de protección da natureza
- Futuro do ecoturismo nos espazos protexidos
- Proposta de seguimento dos ecosistemas Rocosos