Casa das Campás
Afondar na realidade e características do ámbito artístico profesional dando a coñecer que son ás boas prácticas, as dinámicas, estructuras e concepcións que marcan as relacións entre museos, artistas e público, o funcionamento do mercado, a importancia dos medios de comunicación e difusión e papel dos espazos autoxestionados.
Así mesmo, teremos a oportunidade de coñecer iniciativas e propostas levadas a cabo por colectivos, investigadoras, creadoras e axentes culturais galegas que exploran á intersección entre prácticas artísticas, participación cidadá e transformación social.
Fomentar a profesionalización na ámbito da arte e a cultura contemporáneas.
Analizar as características, problemáticas, ideas e estereotipos vencellados á actividade
artística, integrando a perspectiva de xénero.
Proporcionar os recursos prácticos, conceptuais e metodolóxicos necesarios para a realización de propostas e proxectos expositivos que cumpran coas boas prácticas e recoñezan os dereitos das/os artistas.
Afondar no funcionamento, distintos enfoques e dinámicas dos espazos de exhibición e promoción da artes.
Coñecer a experiencia e traxectoria de distintas artistas, investigadoras e axentes culturais.
Xerar un espazo propicio para o diálogo, aprendizaxe e o intercambio.
Coñecer e realizar iniciativas, proxectos e propostas que promovan a sustentabilidade..
1. A vixencia e regulación do código de Boas Prácticas no ámbito artístico. Ideas, creenzas e imaxinarios vencellados á práctica artística, integrando a perspectiva de xénero. 2. Novas formas de relación entre institución museística, artistas e cidadanía. Breve retrospectiva da súa evolución. 3. A bienal de arte. Proceso de selección e comisariado de obras. 4. A realización dun proxecto expositivo. Tipos de enfoques. Fases de desenvolvemento: conceptual, documental, metodolóxico e divulgativo. Estudos e analise de casos. 5. Creación, produción e investigación artística. Espazos de exhibición, difusión e promoción da arte contemporánea na actualidade. 6. Proxectos de investigación e produción artística impulsados polo desexo e necesidade das comunidades locais. 7. Laboratorio de proxectos.