Facultade de Comunicación- Laboratorio de son 1 & Estudo de son
INFORMACIÓN XERAL
TEMÁTICA
Produción musical. Gravación de son. Industria musical.
OBXECTIVOS
Coñecer o estado actual de industria de produción de música e as suas oportunidades.
Coñecer e aplicar de xeito práctico os procesos de produción de música tanto no eido do son orgánico/analóxico como no do electrónico/dixital.
A QUÉN VAI DIRIXIDO?
Persoas interesadas na creación/xestión de proxectos musicais tanto deNde a perspectiva do contexto sonoro como da evolución da industria musical.
Se, ademáis, és compositora ou intérprete, ponte en contacto co coordinador do curso para participar activamente nos proxectos prácticos.
EQUIPAMENTOS
Estudio de son. Facultade de Comunicación. Campus de Pontevedra
Pro Tools Studio / Ableton Live
Plugins Izotope / Waves
Control 24 / Avid Icon
Focusrite Clarette Preamps & DAs
Monitores Focal
Microfonía AKG, Rode, Shure
Backline: Batería, Amplificadores de baixo e guitarra, Piano dixital
Cabinas individuais con Pro Tools Studio e Tarxetas M-Audio
l. Visión xeral do sector. Estudo de casos. 2. Produción musical, gravación, daws, plugins, procesos básicos e avanzados en home studio. 3. Produción musical avanzada en estudio de gravación. Xestión de proxectos profesionais. 4. Gravación e produción de música orgánica/acústica 5. Produción de música electrónica/dixital. Técnicas e recursos. 6. IAs para produción musical 7. Proxecto grupal en estudo de gravación I 8. Proxecto grupal en estudo de gravación 11 9. Proxecto individual en home studio I 10. Proxecto individual en home studio 11