2. Duración da actividade: - Primeiro período: do 28 de setembro ao 20 de decembro e do 11 de xaneiro ao 7 de febreiro. - Segundo período: do 10 de febreiro ao 20 de marzo e do 28 de marzo ao 5 de xuño.
3. Procedemento de inscrición: 1º Realizar a inscrición nesta web. 2º Efectuar o pagamento on line mediante tarxeta bancaria ou presencialmente presentando a folla de pagamento nas entidades bancarias colaboradoras (Santander, Abanca e CaixaBank).
4. Recoñecemento de créditos: - Será necesario realizar un total de 30 horas de práctica (en cómputo anual) para obter o recoñecemento de cada crédito ECTS (ou 2 créditos de libre elección). - Os créditos poderán acadarse unha soa vez por cada actividade. Nas que posúan máis dun módulo / nivel (xadrez, natación e tenis) poderase acadar o recoñecemento unha vez por cada módulo / nivel. - Unha vez que se remate a actividade, e baixo a solicitude previa do alumno ou alumna, o Servizo de Deportes expedirá un certificado de asistencia que a persoa interesada deberá presentar a continuación na secretaría de alumnado do seu centro de estudos para obter a validación dos créditos no seu expediente académico.