Escola de Enxeñería de Telecomunicacións - Aulas T10X e LD01
.
OBXECTIVOS E TEMÁTICA DO CURSO
Docentes: Guillermo Calvo Hermo, Manuel Diz Folgar, Ezequiel Andrés Rodríguez Bracamonte, Sergio Benjamín Rodríguez López, Victor Iglesias Vázquez, Pablo Fernández Fernández, Victoria Vigo Ledo, Ignacio González Rúa.
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema no seguinte enlace Colectivos Universidade de Vigo
Recoñecemento de créditos: Ao remate do curso entregarase un diploma acreditativo (asistencia obrigatoria ao 85 % das horas) con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos no centro onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma de aproveitamento da actividade.
Módulo 1: Introdución a misións espaciais
Módulo 2: Retos dun sistema espacial
Módulo 3: Elementos dun sistema espacial
Módulo 4: O estándar CubeSat
Módulo 5: Subsistemas dun CubeSat
Módulo 6: A estación terrea, instrumentación e telemetría
Módulo 7: Deseño e montaxe dun pequeno circuíto PCB
Módulo 8: Implementación do software dun sistema de control nunha placa de desenvolvemento.