Laboratorios dixital e edición gráfica.- Facultade de Deseño
OBXECTIVOS -Introducir e coñecer os aspectos fundamentais dos tipos de estampados téxtiles na industria. -Explorar diferentes posibilidades e vías creativas a partir dun mesmo tipo de estampado. -Aprender de forma práctica a construción dun rapport ou patrón de repetición para téxtil desde cero. -Optimizar os recursos previa a impresión, a fin de minimizar os refugallos así como de xerar un maior aproveitamento do tecido. -Coñecemento e experimentación do resultado de impresión a través de diferentes tecidos reciclados.
REQUISITOS: coñecementos básicos de ADOBE PHOTOSHOP
TEMÁTICA Aínda que o Grao en Deseño ofrece algunhas nocións sobre os rapportse os estampados téxtiles, consideramos conveniente ampliar a información impartindo un taller onde o alumnado poida familiarizarse con este recurso desde un enfoque aplicado á industria téxtil, tanto a nivel técnico como desde a perspectiva do aproveitamento dos recursos e sustentabilidade. Desenvolvéndoo desde unha perspectiva multidisciplinar, conectando arte, deseño, moda e tecnoloxía.
A impresión dixital é unha ferramenta clave na evolución da industria téxtil, permitindo a produción de pequenas tiradas de tecido de forma rápida e flexible. A través <leste obradoiro, impartido por Sandra Parguiña (artista, deseñadora gráfica téxtil e investigadora predoutoral, UVigo), Román Corbato (doutor en arte contemporánea e profesor da Facultade de Deseño, UVigo) e Román Padín (doutor en arte contemporánea, profesor no Máster Universitario en Deseño e Dirección Creativa en Moda, UVigo, e conservador do Proxecto GAC), os estudantes poderán coñecer as posibilidades creativas da impresión dixital téxtil mellorando as súas habilidades no manexo de ferramentas e software especializado, así como de fomentar prácticas máis sostibles e ecolóxicas. Coñecementos altamente demandados no mercado laboral, en sectores como a moda, o deseño de interiores ou o deseño gráfico.
Ó final do curso, os estudantes contarán cun mostrario personalizado impreso coas súas creacións dixitais, elemento que poderán empregar para futuros proxectos ou para integrar no seu portafolio profesional.
Iniciación nos estampados, tipos de impresión e pd.cticas sostibles na industria téxtil Exploración dos estampados téxtiles e da súa evolución nos diferentes mercados obxectivo. Principios de sustentabilidade na industria téxtil. lntrodución ós tipos de impresión téxtil. Creación dun estampado Fundamentos para a construción dun patrón de repetición dende cero. Ilustración de motivos e exploración da composición visual. Optimización dos recursos: como minimizar refugallos durante o proceso de creación. Preparación de ficheiros para a impresión: resolución, formato e cor. Selección de materiais sostibles: características e beneficios das fibras e tecidos reciclados. Probas de impresión Impresión responsable: estratexias para minimizar o impacto ambiental. Análise de resultados: avaliación do impacto visual e táctil na superficie do tecido. Presentación dos deseños finais.