Sala de exposicións- Casa das Campás- Pontevedra
O obradoiro para a creación e xestión de marcas no comercio e pequena empresa é un curso práctico dirixido a persoas que non sexan expertas en comunicación ou deseño, senón a emprendedores/as, comerciantes ou PEMEs cunha dobre finalidade: 1) conciencialos acerca da importancia estratéxica que teñen as marcas para a súa empresa, e 2) explicadle o potencial que ten unha identidade visual para o seu proxecto a fin de que contraten a profesional para que Hes asesore.
Unha actividade que goza de interese académico, profesional, ocupacional e social:
A nivel académico, aporta un enfoque complementario aos egresados/as acerca da importancia que teñen as marcas como activo estratéxico para as empresas.
Desde o punto de vista profesional, busca aportar ferramentas concretas para que os actuais ou futuros/as emprendedores/as desenvolvan boas prácticas na xestión das súas marcas comerciais con independencia de ter coñecementos concretos sobre deseño ou comunicación. Unha circunstancia que redunda nunha maior empregabilidade potencial dos/as nosos/as titulados/as nestas materias, pois na medida en que o sexa consciente da importancia que ten dispar dunha boa imaxe, será máis propenso a contratar a especialistas nestes ámbitos.
Trátase, finalmente, dunha actividade cun gran interese social. Un obradoiro práctico dirixido ao conxunto da cidadanía que lle sirva para reforzar o compromiso da Universidade coas empresas locais, e nomeadamente o comercio, principal actividade económica na cidade de Pontevedra, que con medio milleiro de establecementos abertos dá emprego a un 30% da súa poboación.
Presentación (2 horas)
Historia e inspiración. (3 horas)
Definir unha estratexia de marca para a PEME. (3 horas)
Conceptualización das marcas. (3 horas) Representación visual. (3 horas)
Aplicación de coñecementos a un proxecto real. (3 horas)
Presentación de proxectos prácticos e avaliación. (3 horas)