Sala de usos multiples do Edificio Campus de Auga no Campus de Ourense
Este obradoiro busca aproveitar os residuos do viño de forma sostible, transformándoos en biocombustibles, materiais ecolóxicos e ingredientes para alimentos. O obxectivo é coidar o medio ambiente e xerar solucións útiles para a sociedade.
Este obradoiro ten unha duración de 22 horas (incluidas 2 horas de traballo individual do alumnado)
Director: Pedro Miguel Ferreira Santos
Docentes: Pedro Miguel Ferreira Santos, Alba Pérez Pérez, Aloia Romaní Pérez,Sidonia Martínez Suarez, Patricia Reboredo Rodríguez, Beatriz Gullón Estévez.
Recoñecemento de créditos: ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo a cada participante que seguise polo menos un 85% das actividades programadas, con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas de traballo do estudante. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos na secretaría de alumnos da facultade onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma do aproveitamento da actividade.
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema na seguinte ligazón: Colectivos Universidade de Vigo
-Visión xeral dos viñedos, do viño e dos seus residuos.
-Selección e tratamento de residuos de viños e viñedos para usos de alto valor.
-Produción de biocombustibles, biomateriais e produtos químicos a partir de bagazo de uva e poda de vide.
-Aplicación do bagazo da uva como ingrediente alimentario na elaboración de produtos de panadaría e pastelaría.
-Iniciación á avaliación sensorial dos alimentos.
-Probas de análise sensorial dos produtos elaborados.