Ludoteca do Edificio Facultades no Campus de Ourense
Este obradoiro ten unha duración de 20 horas.
Descrición: Obradoiro de creación escénica e composición coreográfica onde se concebirá a representación de danza contemporánea de Ourense. Abordarase desde unha perspectiva colectiva, introducindo a exploración, a improvisación, a creación e a composición.
Dirixido a persoas con experiencia previa en danza.
Director e docente: Ainhoa Linaza
Recoñecemento de créditos: ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo a cada participante que seguise polo menos un 85% das actividades programadas, con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas de traballo do estudante. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos na secretaría de alumnos da facultade onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma de aproveitamento da actividade.
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema na seguinte ligazón: Colectivos Universidade de Vigo
• Exploración e improvisación
A través de diferentes recursos materiais exploraremos as posibilidades do noso corpo e a nosa contorna para traducilo ao propio movemento. Desenvolveremos a danza partindo da análise do movemento de Laban.
• Creación colectiva e composición
Crearemos novo material de movemento integrando as experiencias anteriores, tomando decisións e negociando en grupo para estruturar e organizar as diferentes ideas creativas que xurdiron durante o proceso.
• Proposta coreográfica
Selección e integración do material explorado durante a creación para definir unha proposta escénica; revisión da dramaturxia do movemento na peza; creación dos elementos escénicos necesarios para a proposta e adaptación coreográfica desta aos diferentes espazos de representación.