Sala do Pavillón das asociacións estudantís
Este obradoiro ten unha duración de 30 horas.
Descrición: O programa inclúe nocións da música patrimonial e tradicional, técnicas de gaita, tipos de dixitación, estudo do repertorio, afinación, ornamentación (percusión e combos instrumentais tradicionais).
Estes contidos están enfocados, tanto ao alumnado de iniciación como ao de perfeccionamento.
Director e docente: Gonzalo Abelairas
Recoñecemento de créditos: ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo a cada participante que seguise polo menos un 85% das actividades programadas, con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas de traballo do estudante. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos na secretaría de alumnos da facultade onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma do aproveitamento da actividade.
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema na seguinte ligazón: Colectivos Universidade de Vigo
A) * Parte teórica: Historia da Música Patrimonial Galega.
B) GAITA:
1- Técnica
2- Ornamentación
3- Interpretación: Recursos propios do instrumento, articulación
4- Afinación e tempero: exercicios de manexo do fol, afinación dos bordóns e punteiro
5- Dixitacións: diferentes dixitacións aberto e pechado
6- Traballo do repertorio
C) PERCUSIÓN:
1- Ritmos básicos, tanto na pandeireta, tambor e/ou bombo
2- Acompañamento rítmico
3- Conxunto instrumental e montaxe dos temas coas Gaitas