Aula 0.0 do Edificio Facultades , Campus de Ourense
O alumnado participante coñecera a realidade vivencial das persoas privadas de liberdade. Definiranse as dimensións chave do proceso de acompañamento socioeducativo e dos principais retos dos mecanismos de apoio ao colectivo. Analizaranse boas prácticas para a superación das situacións de dificultade persoal das persoas reclusas. Estudaranse as estratexias eficaces no acceso ao emprego así como na planificación do itinerario vital posterior á saída do centro penitenciario.
Este obradoiro ten unha duración de 22 horas (incluidas 2 horas de traballo individual do alumnado)
Director: Jesús Deibe Fernández Simo
Docentes: Jesús Deibe Fernández Simo, Patricia Vázquez Quintela, Laura Suárez Acuña, Alba Moretón Rodríguez
Recoñecemento de créditos: ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo a cada participante que seguise polo menos un 85% das actividades programadas, con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas de traballo do estudante. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos na secretaría de alumnos da facultade onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma do aproveitamento da actividade.
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema na seguinte ligazón: Colectivos Universidade de Vigo
Sesión nº 1: O ámbito penitenciario
Contextualización
Marco legal. Dereitos e deberes das persoas internas
Reximes de vida
Módulos de respeto
Equipos de tratamento penitenciario
Programas de intervención social e tratamentos específicos.
Sesión nº 2: A persoa reclusa
Teorías sobre a delincuencia
Perfil do colectivo
Tipoloxías delictivas
Consecuencias da privación de liberdade
Factores de risco e protección no proceso de reinserción social
Sesión nº 3: Reinserción sociolaboral de persoas privadas de liberdade
Concepto de inserción e reinserción social e sociolaboral
Dificultades de acceso ao mercado laboral
Metodoloxía de intervención
Acompañamento no proceso de reinserción
O adiestramento das competencias transversais
Sesión nº 4: Deseño e elaboración de itinerarios persoalizados de inserción (IPIs)
Concepto de IPI
Obxectivos e funcións dun IPI
Fases dun IPI
Entrevista diagnóstico e entrevista motivacional
O/a técnica de emprego no ámbito da orientación laboral
Sesión nº 5: Visita ao Centro Penal Pereiro de Aguiar