O PRAZO DE INSCRICIÓN E O PERÍODO DE REALIZACIÓN DESTE OBRADOIRO SUSPÉNDESE ATA NOVO AVISO.
DESCULPEN AS MOLESTIAS OCASIONADAS
Este obradoiro ten unha duración de 105 horas.
Descrición: Montaxe de Ludovico 2.5. Unha sátira social e unha proposta arredor da violencia. O emprego do medo por parte da ultradereita e os sectores máis conservdores do espectro político. Unha solución a ese medo e ao caos: Ludovico. Unha terapia condutista para que non se poda exercer o mal a cambio de aceptar como sociedade a tortura, a cambio de crer na mentira de que hai que elixir entre seguridade ou liberdade. Con que nos quedamos?, co ollo por ollo, con que a violencia non é a solución? E, por certo, onde empezara a violencia? Haberá poesía máis aló da violencia? Será posible volver a escoitar a Ludwig e ser felices?
Director e docente: Fernándo Dacosta Pérez
Recoñecemento de créditos: ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo a cada participante que seguise polo menos un 85% das actividades programadas, con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas de traballo do estudante. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos na secretaría de alumnos da facultade onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma do aproveitamento da actividade.
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema na seguinte ligazón: Colectivos Universidade de Vigo
Cursos: - Corpo e personaxe - Os personaxes que te habitan - Ensaios e montaxe dunha obra teatral
Contidos: - O traballo corporal na construción de personaxes - Os recursos expresivos - A comicidade - A liña de desexo dos personaxes - A construción dos sentimentos dos personaxes - O movemento en escena - A relación entre os personaxes - O corpo e a voz ao servizo do espectáculo - A enerxía en escena - O ritmo en escena