Aula Emilia Pardo Bazán do Edificio Facultades , Campus de Ourense
O taller pretende formar aos asistentes en prácticas fundamentadas no paradigma da xustiza terapéutica para desenrolar a xustiza social; así, incorpora ao sistema legal coñecementos e achados de distintas disciplinas, entre elas a da psicoloxía, da criminoloxía, do traballo social, das artes e da humanidade. Veremos as bondades e beneficios que se derivan do emprego do cine, teatro e da danza, así como da evidencia científica no deseño de estratexias de rehabilitación e de tratamento no ámbito penitenciario.
Este obradoiro ten unha duración de 20 horas (incluidas 2 horas de traballo individual do alumnado)
Directora: María José Vázquez Figueiredo
Docentes: María josé Vazquez Figueiredo, Katia Rolán González,Ana Martínez Fernández, Fernando Dacosta Pérez, Ricardo Fandiño Pascual,Lucía González Castro, Anxo Valcarcel Valcarcel, Breogán Rioboo, Jennifer Rodríguez...
Recoñecemento de créditos: ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo a cada participante que seguise polo menos un 85% das actividades programadas, con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas de traballo do estudante. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos na secretaría de alumnos da facultade onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma do aproveitamento da actividade.
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema na seguinte ligazón: Colectivos Universidade de Vigo
1-Promoción de efectos terapéuticos, no ámbito penitenciario, a partir da evidencia científica
1.1 Modelos de intervención con efectos terapéuticos, no ámbito penitenciario.
1.2 O coidado da saúde mental nos centros terapéuticos.
1.3 O coidado da saúde mental nos fillos de proxenitores en prisión.
1.4 O coidado da saúde mental na discapacidade, no ámbito penitenciario.
1.5 O coidado da saúde mental a través da reformulación, no contexto penitenciario.
1.6 O coidado da saúde mental aplicando principios e estratexias filosóficas.
2- Promoción de efectos terapéuticos, no ámbito penitenciario, a partir de estratexias artísticas
2.1 A danza como sistema de autorregulación e benestar.
2.2 O teatro como elemento transformador.
2.3 A cultura e a arte no proceso de reeducación de Pereiro de Aguiar.
3- Promoción do pensamento crítico e lateral
3.1 Análise e debate crítico, a partir do cine.