Comunicara-se as personas inscritas en función do número das mesmas
O obxectivo deste curso de curso de iniciacion ao baile tradicional galego será dobre: por unha banda aprender o imprescindible para poder participar de maneira activa e divertida nunha foliada e pola outra, axudar a gañar forma física, xa que o baile é un exercicio físico aeróbico cunha certa esixencia. Así, achegarase á muiñeira e á xota, os dous ritmos soltos do noso baile tradicional. Aprender os seus pasos base: picados, cortes, pasos saltados, adiante-atrás, patadas e couces. Coñecer as regras que rexen a combinacion dos pasos base para convertelos en puntos, como se estrutura a muiñeira e a xota, coas súas similitudes e diferenzas. Ao mesmo tempo, terán cabida neste curso os principais ritmos agarrados: o pasodobre e o valse, sen esquecer como se leva e como hai que deixarse levar. Para saber de onde vén o que se aprende, proxectarase algún corte de recollidas realizadas polo territorio galego dende mediados da década dos oitenta ata a actualidade. Todas as sesións comezarán cun quecemento, irase subindo a esixencia física progresivamente, tendo sempre en conta a forma física das persoas participantes, e rematarase cos estiramentos imprescindibles e necesarios para evitar sufrir lesións ou dores musculares. O curso impartirase en dúas sesións diarias de hora e media cada unha. A profesora encadrará ás persoas participantes en dous grupos, un de INICIACIÓN e outro de CONTINUACIÓN en función das súas habilidades e destrezas en baile tradicional galego.
1. Introducción ao baile tradicional galego 2. Introducción á muiñeira 3. Muiñeira II 4. Muiñeira III 5. Introducción á xota 6. Xota II 7. Xota III 8. Introducción ao pasodobre 9. Pasodobre II 10. PasodobreIII 11. Introducción ao valse 12. Valse II 13. Valse III 14. Proxección en ensaio 15. Ensaio Libre