O PRAZO DE INSCRICIÓN E O PERÍODO DE REALIZACIÓN DESTE OBRADOIRO SUSPÉNDESE ATA NOVO AVISO.
DESCULPEN AS MOLESTIAS OCASIONADAS
Este obradoiro ten unha duración de 60 horas.
Descrición: Este obradoiro está destinado a persoas que superaron o 1º nivel. Entender o escenario como terreo para a construción dun espazo poético no que entran en xogo a dimensión física e a dimensión sonora. Haberá varias sesións de coreografía e traballo corporal con Nuria Sotelo. Sotelo é bailarina, coreógrafa, fundadora e directora artística da compañía de danza-teatro Licenciada Sotelo, así como promotora e coordinadora do espazo Casa Vella.
Director e docente: Fernándo Dacosta Pérez
Recoñecemento de créditos: ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo a cada participante que seguise polo menos un 85% das actividades programadas, con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas de traballo do estudante. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos na secretaría de alumnos da facultade onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma de aproveitamento da actividade.
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema na seguinte ligazón: Colectivos Universidade de Vigo
Cursos: - Xogo e acción - Buscando a credibilidade - Sobre a palabra en acción - Montaxe ao redor de textos teatrais Contidos: - Acción física mediante o xogo teatral - Interpretación - A acción como motor das emocións - A expresividade en escena - A autenticidade interpretativa - As intencións dos personaxes - A presenza, a escoita e a mirada - Presencia vocal e corporal - As significacións no proceso creador