Seminario 1 do Edificio Concepción Ramón Amat (Pavillón 1) do Campus de Ourense
Este obradoiro de costura creativa realizase co fin de achegarte ao patrón e á costura a través de telas, prendas recicladas,etc. coa satisfacción que se produce cando creas algo ti mesmo e coas túas propias mans. Aprenderás o deseño e creación completos como, bolsa tote, porta pan...ou pezas base elaboradas con outras pezas.
Personalización e reciclaxe.
Este obradoiro ten unha duración de 30 horas
Directora: Estefanía Carrera García
Docentes: Estefanía Carrera García
Recoñecemento de créditos: ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo a cada participante que seguise polo menos un 85% das actividades programadas, con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas de traballo do estudante. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos na secretaría de alumnos da facultade onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma do aproveitamento da actividade.
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema na seguinte ligazón: Colectivos Universidade de Vigo
-Deseño e realización de accesorios (tote bag, alfiletero,estoxos, neceseres, fundas...ou prendas base a partir doutras prendas). Costomizando e reciclando a partir doutras.
-Interpretar o patrón, tomar medidas
-Cortar e realización a man ( aprender diferentes puntadas, tecidos,a man, bordado..)