Teatro da cidade universitaria.
Duración do Obradoiro: 60 horas.
Requisitos de inscrición:
Ter realizado o obradoiro do 1º cuadrimestre do curso 2024/2025 "2024/708 Iniciación ao teatro" ou persoas con experiencia teatral (proba previa coa docente do obradoiro)
Obxectivos principais:
Posta en escena do espectáculo DIVINAS PALABRAS, de Ramón María de Valle-Inclán baixo a dirección de Casilda Alfaro.
Percorrer desde o punto de vista actoral dun xeito eminentemente práctico, todas as fases dun proceso de creación teatral, desde as primeiras lecturas do texto ata a representación díante do público, pasando pola creación do personaxe, o diálogo co vestiario, os obxetos e os elementos de escenografía.
Docente: Casilda García Alfaro.
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema no seguinte enlace Colectivos Universidade de Vigo
Recoñecemento de créditos: ao remate do curso entregarase un diploma acreditativo (asistencia obrigatoria ao 85 % das horas) con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos no centro onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma de aproveitamento da actividade.