Aula de informática B6A, da Facultade de Filoloxia e Traducción
CANCELADO
Duración do Obradoiro:
25 horas divididas en 24 horas presenciais e 1 h de traballo persoal do alumnado.
Obxectivos principais:
Metodoloxía
- Se utilizará a metodoloxía de ensino presencial a través de presentacións e actividades guiadas. As docentes estarán en todo momento dispoñíbeis para a resolución de dúbidas do alumnado durante as actividades.
- Se realizarán presentacións de carácter teórico que proporcionen ao alumnado os conceptos básicos para o desenvolvemento das actividades prácticas.
- Os rexistros nas plataformas e as instalacións do software se realizarán durante as sesións presenciais de xeito guiado.
- Se creará documentación específica para cada unha das actividades que será facilitada ao alumnado en formato dixital a través dun espacio Moovi.
- As edicións dixitais se realizarán na plataforma GitHub, na que se creará un espazo especial para o obradoiro na conta principal da docente Rocío Hernández Arias. Nesta plataforma engadirse tamén a documentación (follas guía, listaxes de comandos, organización dos documentos, etc.) relativa ás actividades.
Recursos
- Software libre: OpenOffice, LibreOffice.
- Software propietario (non necesario para o desenvolvemento de actividades): MicrosoftWord, Pages.
- Perfís de usuario: GitHub.
- Repositorio GitHub do obradoiro.
- Documentación XML/TEI propia e de acceso libre na web.
- Ordenadores das salas nas que se desenvolve a actividade (Aula de informática da FFT).
- Plataforma Zenodo para a publicación de textos.
- Textos para edición dixital: corpus de textos breves para a edición dixital (a determinar co alumnado segundo os seus intereses).
- Enquisas de avaliación da actividade.
Docente: Carmen Luna Sellés e Rocío Hernández Arias
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema no seguinte enlace Colectivos Universidade de Vigo
Recoñecemento de créditos: ao remate do curso entregarase un diploma acreditativo (asistencia obrigatoria ao 85 % das horas) con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos no centro onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma de aproveitamento da actividade.