Aula B.1 do Edificio Politécnico no Campus de Ourense
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema na seguinte ligazón: Colectivos Universidade de Vigo
Este obradoiro ten unha duración de 30 horas.
Descrición: Obradoiro no cal se describen os principais obxectos de observación astronómica: lúas, planetas, estrelas, galaxías....., e as técnicas de observación máis habituais. O obradoiro poderá trasladarse ao martes seguinte se as condicións meteoroloxícas así o aconsellan. Haberá descanso ás 22 h.
Director: José Ramón Salgueiro Piñeiro
Recoñecemento de créditos: ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo a cada participante que seguise polo menos un 85% das actividades programadas, con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas de traballo do estudante. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos na secretaría de alumnos da facultade onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma do aproveitamento da actividade.
1.- Telescopios
Tipos e aplicacións. Uso do telescopio para observación astronómica.
2.- O Ceo: Sistema Solar e Vía Láctea.
Corpos celestes observables: planetas, asteroides, cometas, estrelas,... Tamaños relativos.
3.- Constelacións estelares.
Constelacións máis famosas e a súa situación. As constelacións nas diferentes culturas.
4.- Ceo profundo.
Galaxias, nebulosas, cúmulos estelares, planetas extrasolares, supernovas...
5.- Fotografía astronómica e o seu tratamento.
6.- Vida e morte das estrelas.
Elementos de astrofísica arredor dos procesos que regulan a dinámica estelar.