O PRAZO DE INSCRICIÓN E O PERÍODO DE REALIZACIÓN DESTE OBRADOIRO SUSPÉNDESE ATA NOVO AVISO.
DESCULPEN AS MOLESTIAS OCASIONADAS
Este obradoiro ten unha duración de 45 horas.
Descrición: Un movemento, unha palabra, un son ou un obxecto poden ser estímulos para a acción. Traballaremos a acción como vehículo para comunicar, para comunicarnos, porque o teatro é transmisión de emocións, pensamentos e sentimientos. Coñecer e controlar o corpo, experimentar as posibilidades que ten a voz, traballar en equipo.
Director e docente: Fernando Dacosta Pérez
Recoñecemento de créditos: ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo a cada participante que seguise polo menos un 85% das actividades programadas, con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas de traballo do estudante. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos na secretaría de alumnos da facultade onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma de aproveitamento da actividade.
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema na seguinte ligazón: Colectivos Universidade de Vigo
Cursos: - Corpo en movemento - Labor de equipo - Mostra de traballo na rúa Contidos: - A procura artística a través do xogo teatral - Expresión individual e colectiva - Práctica teatral - Imaxes co corpo - O corpo fala - O corpo escoita - O corpo conta - Traballo en equipo