Ludoteca do Edificio Facultades , Campus de Ourense
Descrición: Obradoiro cun repertorio variado de danzas que inclúe danzas infantís, xuvenís, históricas e populares dos cinco continentes onde se traballará a conciencia corporal, a hixiene postural, o ritmo, a musicalidade, a coordinación, a propiocepción e as calidades do movemento e a conciencia espacial.
Este obradoiro ten unha duración de 30 horas (incluidas 3 horas de traballo individual do alumnado)
Directora: Ana María Torrado Agrasar
Docentes: Ainhoa Linaza Bao, Ana María Torrado Agrasar
Recoñecemento de créditos: ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo a cada participante que seguise polo menos un 85% das actividades programadas, con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas de traballo do estudante. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos na secretaría de alumnos da facultade onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma do aproveitamento da actividade.
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema na seguinte ligazón: Colectivos Universidade de Vigo
Repertorio variado de danzas que inclúe danzas infantís, xuvenís, históricas e populares dos cinco continentes.
Onde traballaremos conciencia corporal, hixiene postural, ritmo, musicalidade, coordinación, propiocepción, calidades do movemento e conciencia espacial.
Durante o programa veremos tamén danzas infantís e Hixiene Postural. A través delas aprenderemos a recoñecer unha postura saudable para o noso propio corpo, aprendendo a súa forma, a súa estrutura e as súas partes. E Danzas xuvenís e Creatividade. A través dunha mestura de danzas dirixidas ao público adolescente, fomentaremos a creatividade a través do ritmo, do movemento e a relación con outras artes, como a pintura ou a escultura.