Departamento de escultura. Fac. Belas Artes de Pontevedra
O crecente interese que suscita a cerámica nos últimos tempos fai que actualmente exista unha grande demanda de obradoiros e cursos onde poder realizar pezas en arxila e explorar as posibilidades do material e os seus acabamento. Sen embargo, normalmente as pezas realizadas nestas actividades son cocidas pola/o ceramista do obradoiro, ou por persoal técnico que se encarga de controlar o forno. Por iso, e sabendo tamén que cada vez mais particulares deciden mercar un forno para poder facer as súas propias coccións ou abrir un taller, consideramos que resulta moi necesario establecer unhas bases técnicas sólidas que posibiliten a súa independencia en todo o proceso cerámico, permitindo coñecer o funcionamento dos distintos tipos de forno -tanto eléctricos como alternativos-, e favorecendo o seu con-ecto uso e o máximo aproveitamento dos mesmos.
Para iso, este obradoiro conta cos coñecementos, a especialización e a experiencia de dous recoñecidos ceramistas: Emilia Guimeráns e Nano Unzueta.
Obxectivos xerais:
Conseguir que as e os asistentes adquiran unha base de coñecementos que lles permita ter unha visión xeral dos fornos cerámicos, das súas características, e do seu funcionamento. Favorecer a asimilación dos contidos do curso de forma próxima á realidade, de modo que o proceso teña como resultado unha formación práctica e útil. Coñecer técnicas de cocción, realización e axuste de curvas de forno, así como diferentes solucións aos problemas de cocción que poden surxir.
Programa:
• Tipos de fornos: Pornos eléctricos e fornos alternativos (gas e leña) • Factores esenciais para unha boa cocción. • Colocación e carga do forno. • O proceso da cocción: Fases e control de temperaturas. • Defectos de cocción e posibles solucións. • Creación de pezas cerámicas específicas para forno eléctrico e forno de gas.