Café Uf (Rúa Pracer nº19, 36202 Vigo).
Duración do Obradoiro:
30 horas repartidas entre 27 horas presenciais e 3 horas de traballo individual.
Obxectivos principais:
Metodoloxía:
• Interpretación en directo de temas clave das 9 figuras seleccionadas e doutras que estean conectadas nas súas traxectorias.
• Exposicións teóricas, visionado de material audiovisual e debate na aula.
• Análise e comentario de cancións e relatos biográficos.
Proporcionarase acceso a uha carpeta en Drive cos contidos nos que o alumnado poderá traballar nas 3 horas non presenciais que contempla o obradoiro.
PROCEDEMENTO DE AVALIACIÓN
Realizaranse diferentes actividades que fomenten a creación e a reflexión crítica que servirán para a avaliación final das persoas matriculadas. Na última sesión valorarase a participación na composición creativa coas claves analizadas ao longo do curso.
A asistencia ao 85% das aulas implicará superar o curso. Non se contemplan probas escritas de avaliación.
Docentes: Susana Rodríguez Barcía e Oscar García Avendaño.
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema no seguinte enlace Colectivos Universidade de Vigo
Recoñecemento de créditos: ao remate do curso entregarase un diploma acreditativo (asistencia obrigatoria ao 85 % das horas) con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos no centro onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma de aproveitamento da actividade.