Aula 27 da Facultade de Química.
Duración do Obradoiro: 30 horas.
Obxectivos principais:
O obradoiro centrarase no cultivo práctico de varias especies de cogomelos de interese gastronómica. Para isto, aportaranse ao alumno os coñecementos teóricos necesarios, así como todo o material preciso para desempeñar o cultivo coa guía do persoal docente do obradoiro.
Constará de 30 horas, das cales 9 horas serán dedicadas á realización práctica das diferentes fases de cultivo de cogomelos e 21 horas de docencia teórica.
Docentes: María Cabaleiro Alfaya, Hugo Fernández Ricón e Adrián Melón Raña.
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema no seguinte enlace Colectivos Universidade de Vigo
Recoñecemento de créditos: ao remate do curso entregarase un diploma acreditativo (asistencia obrigatoria ao 85 % das horas) con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos no centro onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma de aproveitamento da actividade.