Salón de actos da E. Enxeñaría Forestal de Pontevedra
OBXECTIVOS E TEMÁTICA:
Poderán solicitar a participación no Grupo de Música Tradicional do campus de Pontevedra as persoas que pertenzan á comunidade universitaria da UVigo e a ciudadanía en xeral, sempre que sexan maiores de idade.
DOCENTE: Marina Fernández Vigo
PREZO: GRATUÍTO:
MATRÍCULA:
As persoas interesadas deberán enviar un correo electrónico a vic.pon@uvigo.gal no que indicarán o seu nome completo e apelidos, dni ou nie e o colectivo ao que pertencen. Achegarán un currículum relacionado con esta actividade.
O prazo de solicitudes será desde o día seguinte da publicación desta resolución reitoral no taboleiro de anuncios electrónico da Universidade de Vigo ata o 11 de outubro de 2024, ás 23.59 horas (hora peninsular española). A presentación fóra de prazo supón a non admisión a trámite da solicitude.
Non se admitirán a trámite as solicitudes presentadas por outras vías.
PRAZAS: 10
SELECCIÓN:
Rematado o prazo de presentación de solicitudes a docente seleccionará ás persoas candidatas de acordo cos seguintes criterios:
A docente, con obxecto de garantir un nivel mínimo de calidade inicial, seleccionará de entre as persoas participantes aquelas que cumpran cos requisitos técnicos de acceso mediante unha proba que terá lugar o día 22 de outubro de 2024 ás 16.00 horas no Salón de Actos da Escola de Enxeñaría Forestal.
Rematada a proba, as persoas seleccionadas para o Grupo de Música Tradicional do campus de Pontevedra recibirán un correo electrónico.