Salón de actos da E.Enxeñaría Forestal de Pontevedra
O Coro do campus de Pontevedra configurase como un espazo de encontro humanístico, artístico e formativo así como un punto de encontro interxeracional de toda a comunidade universitaria da UVigo e da cidadadía en xeral. Un dos obxectivos é o de dar forma a un novo repertorio que se achegue tamén a novas tendencias musicais. Nese senso, as sesións que se desenvolven cada semana combinan un bloque inicial centrado na linguaxe musical como a preparación dunha serie de pezas de diferentes épocas e estilos.
REQUISITOS DAS PERSOAS SOLICITANTES: Poderán solicitar a participación no Coro Universitario do campus de Pontevedra as persoas que pertenzan á comunidade universitaria da UVigo e a ciudadanía en xeral, sempre que sexan maiores de idade.
DOCENTE: María Luisa Sánchez González, licenciada en musicoloxía pola Universidade de Oviedo e titulada profesional en piano polo Conservatorio de Xixón.
PREZO: GRATUÍTO: MATRÍCULA: As persoas interesadas deberán enviar un correo electrónico a vic.pon@uvigo.gal no que indicarán o seu nome completo e apelidos, dni ou nie e o colectivo ao que pertencen. Achegarán un currículum relacionado con esta actividade. O prazo de solicitudes será desde o día seguinte da publicación desta resolución reitoral no taboleiro de anuncios electrónico da Universidade de Vigo ata o 10 de outubro de 2024, ás 23.59 horas (hora peninsular española). A presentación fóra de prazo supón a non admisión a trámite da solicitude. Non se admitirán a trámite as solicitudes presentadas por outras vías. SELECCIÓN: A docente, con obxecto de garantir un nivel mínimo de calidade inicial, seleccionará de entre as persoas participantes aquelas que cumpran cos requisitos técnicos de acceso mediante unha proba que terá lugar o día 15 de outubro de 2024 ás 18.00 horas no Salón de Actos da Escola de Enxeñaría Forestal. Rematada a proba, as persoas seleccionadas para o Coro do Campus de Pontevedra recibirán un correo electrónico