Descrición: O obxectivo é determinar un modelo operativo de arte pictórica que responda, tanto a un retrato de tempo e circunstancias actuais, como as posibilidades de creación en tempos convulsos. A fraxilidade, o inestable, o vulnerable e perecedoiro, vistos, non só como síntoma, senón como decidida opción de resistencia e combate estético.
Este obradoiro ten unha duración de 30 horas (incluídas 3 horas de traballo individual do alumnado).
Director: Antón Lois Fernández Álvarez
Docentes: Antón Lois Fernández Álvarez, Gonzalo Dacosta González
Ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo a cada participante que seguise polo menos un 85% das actividades programadas, con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas de traballo do estudante.
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema no seguinte enlace Colectivos Universidade de Vigo
1. Introdución ao concepto filosófico e artístico de estética, fraxilidade e intensidade. 2. Análise e selección de obras ou propostas estéticas. 3. Execución de obras. Contacto con materiais e modos de fraxilidade artística. 4. Transversalidade fronte a dogma artístico. 5. O analítico na arte plástica actual. 6. Intervención estética na túa cidade por fora dos circuitos instituidos. 7. Modelos de intervención plástica e modelos de compromiso coa comunidade.