Descrición: Este obradoiro permite aprender de forma vivencial o enfoque socioafectivo para a intervención social utilizando linguaxes lúdico-artísticas, como o xogo ou a arte en todas as súas formas, pasando polo teatro social, o movemento ou a pintura. Colocamos no centro o autocuidado e os cuidados relacionais para favorecer o benestar ecosocial.
Diríxese a calquera persoa interesada en aprender sobre o funcionamento dos grupos humanos, ampliar as súas habilidades interpersoais e adquirir novas metodoloxías creativas de aprendizaxe.
Este obradoiro ten unha duración de 35 horas (incluídas 3 horas de traballo individual do alumnado).
Director: Francisco Javier Aguiar Fernández
Docentes: Francisco Javier Aguiar Fernández, Andrea Alfaya Rosales
Recoñecemento de créditos: ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo a cada participante que seguise polo menos un 85% das actividades programadas, con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas de traballo do estudante. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos na secretaría de alumnos da facultade onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma de aproveitamento da actividade.
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema na seguinte ligazón: Colectivos Universidade de Vigo
Tema 1. Introdución á intervención social.
Tema 2. Introdución á construción de Culturas de paz.
Tema 3. Introdución á ferramentas astísticas e socioafectivas.
Tema 4. Transformación creativa de conflictos.
Tema 5. Autocoidados e acompañamento ao coidado de grupos.
Tema 6. Ferramentas socioafectivas I. Pintura e expresión artística.
Tema 7. Ferramentas socioafectivas II. Movemento e expresión corporal.
Tema 8. Ferramentas socioafectivas III. Teatro social
Tema 9. Aplicativos das ferramentas artísticas e socioafectivas na intervención social.
Tema 10. Sabedoría colectiva e exposición de aplicativos.