Facultade de Química – Aula 22.
Duración do Obradoiro:
30 horas repartidas entre saídas de campo (15 horas) e parte teórica (15 horas).
Obxectivos principais:
Metodoloxía:
Saídas de campo: polo campus universitario para observar in situ especies concretas asociadas aos hábitats do campus. Posibilidade de realizar algunha saída a hábitats externos ao campus.
Sesións de laboratorio: identificar os exemplares recollidos e explicación teóricas sobre os xéneros máis complexos de identificar como Agaricus, Russula, Entoloma,…
Avaliación:
A avaliación realizarase mediante o control de asistencia ás clases. Así mesmo, realizarase unha proba final referida á descrición e identificación de cogomelos mediante un test fotográfico, e unha proba breve de conceptos micolóxicos por escrito.
Docentes: Mauro Rivas Ferreiro, Hugo Fernández Ricón, Gabriel Pérez Torrón, Adrián Melón Raña.
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema no seguinte enlace Colectivos Universidade de Vigo
Recoñecemento de créditos: ao remate do curso entregarase un diploma acreditativo (asistencia obrigatoria ao 85 % das horas) con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos no centro onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma de aproveitamento da actividade.