Descrición: Os sinistros de tráfico son a nivel mundial a primeira causa de morte e de lesións graves para os menores de 30 anos, sendo evitables todos eles, a sanción evita condutas perigosas ao volante pero a educación e a formación erradican os comportamentos perigosos. Ofertamos este curso multidisciplinar para alumnos de diferentes graos cun programa que aborda a temática dende múltiples perspectivas: policial, educativa, formativa e de sensibilización, co testemuño final dunha vítima de sinistro viario
Este obradoiro ten unha duración de 20 horas (incluídas 2 horas de traballo individual do alumnado).
Director: David Llorente Rey
Docentes: David Llorente Rey, Javier Barja Álvarez, Andrea Conde Guerra, Luis Novoa Fernández, Juan Carlos Nogueiras Iglesias, Félix González Dacosta.
Recoñecemento de créditos: ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo a cada participante que seguise polo menos un 85% das actividades programadas, con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas de traballo do estudante. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos na secretaría de alumnos da facultade onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma do aproveitamento da actividade.
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema na seguinte ligazón: Colectivos Universidade de Vigo
Xornada 1: A vixilancia e control do tráfico na estrada: A Agrupación de Tráfico da Garda Civil (ATGC): Medios personais y materiais. Controis de velocidade, alcohol e drogas. As relacións coas Policías Localis, competencias e colaboración D. Javier Barja Álvarez, Capitán-Xefe do Subsector de Tráfico de Ourense Xornada 2: Normativa básica de tráfico e seguridade viaria. As infraccions en materia de Tráfico. Procedemento sancionador. O permiso por puntos. Os delitos Contra a seguridade vial D. David Llorente Rey, Xefe provincial de Tráfico de Ourense Xornada 3: A educación vial no sistema educativo actual. Materiais, actividades e iniciativas de educación viaria para escolares, mocidade e maiores. As campañas de divulgación Dña. Andrea Conde Guerra, Subxefa provincial de Tráfico. Xornada 4: Os cursos de sensibilización para condenados por delitos de tráfico. Os cursos de recuperación de puntos. Os cursos CAP. Mercadorías Perigosas. D. Luis Novoa Fernández, presidente da Asociación provincial de Autoescolas de Ourense . Xornada 5: Siniestralidade viaria: A seguridade viaria no entorno provincial , galego e español. Problemas e retos actuais. Usuarios vulnerables. Os sinistros con animais. Prevención de riscos viais. A seguridade viaria laboral. D. Juan Carlos Nogueiras Iglesias, Tenente-Xefe do Destacamento de Tráfico de Ourense. Xornada 6: As vítimas de sinistros viais. A súa testemuña . D. Félix González Dacosta, Formador en cursos de recuperación de puntos e de sensibilización, vítima de sinistro viario.