Descrición: Con este obradoiro preténdese acompañar e apoiar o crecemento persoal e promover o empoderamento/axencia das mulleres utilizando o traballo en grupo para deconstruir os estereotipos cos que son heterodesignadas as mulleres nas sociedades patriarcais.
Dirixido a todas as mulleres da comunidade universitaria pero tamén serán benvidas mulleres alleas á comunidade universitaria.
Este obradoiro ten unha duración de 30 horas (3 horas de traballo individual do alumnado).
Programa detallado
Directora e docente: María Lameiras Fernández
Recoñecemento de créditos: ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo a cada participante que seguise polo menos un 85% das actividades programadas, con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas de traballo do estudante. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos na secretaría de alumnos da facultade onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma do aproveitamento da actividade.
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema na seguinte ligazón: Colectivos Universidade de Vigo
Autocoñecemento I: Un percorrido por as biografías relacionais (os vínculos de apego).
Autocoñecemento II: Un percorrido por as biografías relacionais (os vínculos interpersonais na etapa adulta).
Autocoñecemento III: Identidades generizadas (o papel do corpo na identidade das mulleres).
Autocoñecemento IV; Identidades generizadas (o papel da sexualidade na identidade das mulleres)
Autovaloración I: Promovendo a Autoestima.
Autovaloración II: Practicando a Autocompasión.
Autonomía I: Desenvolvendo a axencia persoal.
Autonomía II: Activando o empoderamento das mulleres.
Vínculos e Relacións Positivas: A sororidade entre mulleres e o bo trato nas relacións de amizade e de parella
Sección de Peche: A gratitude interpersoal.