Escola de Enxeñaría de Telecomunicación (aula BS03).
Duración do Obradoiro:
20 horas das que 18 horas serán presenciais e 2 horas de traballo individual.
Requisitos:
Ter un ordenador portátil
Obxectivos:
Metodoloxía:
Parte teórica: en formato seminario apoiada por material audiovisual, para adquirir distintas competencias indicadas nos obxectivos.
Parte práctica: guiadas polos docentes con desenvolvemento de habilidades de laboratorio e familiarización coa tecnoloxía proposta.
Traballo individual: realizando unha análise de sistemas IoT, deseño preliminar dunha arquitectura dun sistema IoT e unha valoración da mesma.
Avaliación:
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema no seguinte enlace Colectivos Universidade de Vigo
Recoñecemento de créditos: ao remate do curso entregarase un diploma acreditativo (asistencia obrigatoria ao 85 % das horas) con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos no centro onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma de aproveitamento da actividade.
Módulo 1: Principios de Internet das Cousas.
Módulo 2: Sensores para recollida de datos e actuadores nun sistema IoT.
Módulo 3: Sistemas de rede aplicados a un sistema IoT e protocolos de comunicación.
Módulo 4: Microcontroladores e firmware para a recollida de datos nunha rede.
Módulo 5: Bases de datos e aplicacións de interconexión e almacenamento.
Módulo 6: O teu propio asistente IoT.
Módulo 7: Aprende a programar a baixo nivel para a recollida de datos de sensores IoT.
Módulo 8: Aplicacións multipropósito para sistemas e redes IoT