Este obradoiro ten unha duración de 35 horas.
Inscrición: As inscricións estarán abertas de xeito exclusivo para a comunidade universitaria ata as 23:59 h. do día 29 de setembro. No caso de quedar prazas libres permitirase a inscrición de calquera persoa interesada.
Descrición: Inicio ao mundo do teatro de xeito ameno e creativo, nunha escola teatral de referencia no resto de Universidades estatais.
Director e docente: Fernándo Dacosta Pérez
Recoñecemento de créditos: ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo a cada participante que seguise polo menos un 85% das actividades programadas, con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas de traballo do estudante. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos na secretaría de alumnos da facultade onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma de aproveitamento da actividade.
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema na seguinte ligazón: Colectivos Universidade de Vigo
Cursos: - Corpo en movemento - Labor de equipo - Mostra de traballo na rúa Contidos: - A procura artística a través do xogo teatral - Expresión individual e colectiva - Práctica teatral - Imaxes co corpo - O corpo fala - O corpo escoita - O corpo conta - Traballo en equipo