Fac. Belas Artes de Pontevedra
Este obradoiro teórico-práctico ten como obxecto afondar no carácter transformador da práctica artística contemporánea, coa vocación de converterse nun lugar de reflexión, sobre a noción de creatividade, e de encontro e xeración doutras formas de comprender e achegarse a realidade a través do lúdico, o sensorial e o experimental.
OBXECTIVOS Potenciar a nosa autoestima e afondar no noso autoconcepto a través da creación artística. Coñecer o papel do autobiográfico ao longo da historia e prácticas artísticas actuais dende unha perspectiva de xenero. Realizar propostas artísticas interdisiciplinares baseadas na propia biografía e no coñecemento da realidade a través da conciencia lúdica e sensorial. Fomentar a interpretación e creación a partir de espazos comúns, marxinais e próximos realizando propostas individuais e colectivas.
1.Modos de ser e aparecer. Unha aproximación interdisciplinar á historia e connotacións do autorretrato. 2. A creatividade. Mitos e teorías. Factores que promoven o seu desenrolo. Evolución social. O proceso creativo. 3. A conciencia lúdica. O papel do xogo na aprendizaxe, desenrolo cognitivo, cultural e devir social desde unha perspectiva educativa, cultural, antropolóxica e filosófica. 4. A dimensión do (auto) biográfico na teoría, crítica feminista e prácticas artísticas contemporáneas.