Aula de novas tecnoloxías.- Casa das Campás- Pontevedra
Este curso céntrase en analizar as posibilidades publicitarias que ofrecen as redes sociais para marcas, produtos e servizos de todo tipo de empresas e organizacións. Do mesmo xeito que moitos medios convencionais se converteron (e mesmo naceron) como medio publicitario, as redes sociais constitúen hoxe un vehículo fundamental para a comunicación persuasiva e comercial e, en moitos casos, garanten a súa supervivencia grazas aos ingresos publicitarios.
O curso de "Social Ads: publicidade en redes sociais (Meta e TikTok) está dirixido a formar profesionais, dun xeito esencialmente práctico, no desenvolvemento deste tipo de campañas para que, unha vez rematado o curso, poidan desenvolver campañas de publicidade en redes sociais de maneira autónoma.
Os obxectivos e resultados de aprendizaxe que se pretenden acadar ao longo do curso son: - Dominar os procesos e formatos de publicidade en redes sociais, así como as modalidades de contratación.
- Preparar contido creativo e deseñar e planificar campañas de publicidade en redes sociais (SMA) que respondan ao briefing do anunciante.
- Aplicar análises críticas para propoñer novas estratexias na xestión da presenza das marcas nas redes sociais.
- Identificar e aplicar estratexias de creac1on, produción e viralización de contidos adecuadas a cada tipo de proxecto, que respondan a obxectivos e públicos específicos e optimicen os resultados.
- Aprender a linguaxe (publicitaria) das redes sociais.
- Incorporar a análise da diversidade (social, económica, cultural, funcional, política, lingüística e de xénero) na práctica académica e profesional.
1. Creación dunha estratexia de Social Ads 2. Creatividade e contidos axeitados para a publicidade en liña 3. Publicidade en Meta: -Meta Ads: Business Manager, Business Suite e Meta Ads Manager. -Meta Ads: Canles: Facebook, Instagram e Whatsapp -Meta Ads: Creación, tipos e optimización de campañas -Meta Ads: Medición e análise de resultados -Meta Ads: Práctica: montando campañas en Meta Ads Manager 4. Publicidade en TikTok: -TikTok Ads: Que é e como funciona -TikTok Ads: Business Center + TikTok Ads Manager -TikTok Ads: Práctica: montando campañas en TikTok Ads Manager