Espazo 14- Fac. de Belas Artes de Pontevedra
Neste obradoiro proponse unha aproximación ás técnicas e ao traballo ca papel e a arxila reciclados.
Obxectivos xerais:
• Coñecer e aplicar técnicas para a creación de volumes e figuras, utilizando materiais que contribúen a xerar conciencia ecolóxica. • Comprender, aplicar e propor formas de reciclaxe e reutilización de materiais e recursos. • Fomentar a cooperación e o traballo en equipa.
Obxectivos específicos:
• Realizar unha peza en papel somerxida en arxila, para lograr finalmente unha peza cerámica. • Realizar pasta de paper clay (papel cerámico) para modelar unha peza cerámica • Comprender e executar o proceso completo do reciclaxe da arxila • Construír de xeito conxunto un forno de papel capaz de cocer arxila. • Explorar o traballo coa arxila: modelar e conformar pezas especificas para forno de papel. • Realizar unha fornada no forno de papel das pezas elaboradas. • Analizar os resultados acadados.
• Reciclaxe de materiais (papel e arxila). • Iniciación á fabricación de paper clay. • Iniciación á fabricación dun forno para cerámica con papel reciclado. • Creación con paper clay. • Creación de pezas cerámicas específicas para forno de papel con arxila reciclada.